Quinteto NÓs

Isaías Salazar, baile

Alfonso Calvo, contrabaixo

Moisés Fernández, caixón

Alejandro Vargas, piano

Marcos Teira, guitarra flamenca

 

O DISCO

 «NÓs» é o nome do disco publicado en febreiro de 2019, o terceiro traballo dun proxecto discográfico que comenzou con «Solo» e continuou con «Flamenco Translations».

 O disco foi premiado nos Premios Martín Codax de ese ano como mellor disco no apartado de Músicas do Mundo 

 Con este traballo péchase o círculo; tres discos arredor da idea de traducir, adaptar e reubicar músicas populares dentro da linguaxe da guitarra flamenca, nunha aposta pola diversidade sonora e cultural.

O ESPECTÁCULO

Marcos teira QUINTETO NÓs presenta un espectáculo de música e baile, un concerto para ver, escoitar e sentir.

Un proxecto musical colectivo no que participan un feixe de recoñecidos músicos arredor da guitarra flamenca.

O flamenco e o jazz para adaptar e resituar a música nunha nova paisaxe sonora. Un encontro de músicos e músicas arredor da linguaxe do baile e da guitarra flamenca.

NÓs corda e madeira, piano e baile, caixón, contrabaixo e guitarra. NÓS cubanos, nós flamencos, nÓs xitanos, nóS galegos