Marcos Teira e Ton Risco

(guitarra e vibráfono)

A Galiza non é terra de flamenco, pero tampouco é lugar onde abunden os vibrafonistas de jazz. Quizáis é por iso que estes dous músicos infrecuentes se buscasen para vivir un affair musical no que cordas e láminas conforman unha mini orquestra dirixida por uñas e baquetas.

Dous instrumentos de forte carácter percusivo e timbres diferentes que se atopan nun novo entendimento. Dúas persoalidades musicais con experiencias diversas, pero con puntos en común que, sen outra intención que a de disfrutar un do outro, xuntan na música deste dúo unha coleción de temas que abrangue standards de jazz, música sudamericana, flamenco ou temas de composición propia. A  maxia dun encontro inesperado.

 

Repertorio:

  • Tatín
  • Alfonsina y el mar
  • Farruco
  • Que nadie sepa mi sufrir
  • Gris Carioca
  • Tantiño
  • Entre olivos
  • Azabache
  • Choro nº1
  • Punta de Cabío