Marcos Teira (guitarrista)
Nado na Pobra do Caramiñal (Galicia) o 25 de abril de 1967. Empezou a facer música moi novo en bandas de rock, seguindo a sua formación na escola de jazz “Estudio escola de música” e estudando guitarra flamenca posteriormente con Xesús Pimentel (Santiago de Compostela).
Continua a sua formación facendo varios cursos con maestros como Manolo Sanlucar, Enrique de Melchor ou Paco Peña para ampliar coñecementos da guitarra flamenca. Por outro lado estudia guitarra clásica acadando o grao profesional no Conservatorio de Carballo (A Coruña). En 2016 acada o grao superior de Guitarra Flamenca en Codarts (Rotterdam).
Xa como profesional alterna a sua faceta como guitarrista flamenco con participacións en outras bandas mais próximas ao rock ou as outras músicas. Éstas e outras experiencias lévano ao lugar no que se atopa actualmente, traballando en proxectos mais ou menos cercanos ao flamenco e o jazz.
Discos editados:
PIMENTEIRA (con X. Pimentel). Stone Records, 1994 (FLAMENCO)
PUNTA DE CABÍO. Singra, 2003 (FLAMENCO)
ALÍ. Autoedita.com, 2008 (FLAMENCO)
U-LO TRÍO. Autoedita.com, 2008 (FLAMENCO/JAZZ)
ACOUSTIC SOUNDS. Guitarras Alhambra, 2011 (WORLD MUSIC)
Outras publicacións:
En setembro de 2013 edítase un libro/disco FLAMENCO TRANSLATIONS, a través de RGB editorial; este traballo xurde da experiencia acadada durante éstes últimos anos impartindo cursos de flamenco/jazz con Mariano Martos en España, Arxentina ou San Francisco.
Outras colaboracions discográficas:
PSICÓPOLIS. Psicofónica de Conxo, Fortes & Rangel, 2000 (ROCK)
EXTRAMUNDI. Psicofónica de Conxo, Madamemir , 2002 (ROCK)
MALA SUERTE. El Kiki, Clave Records, 1996. (FLAMENCO)
DANZA DAS AREAS. Uxía, Virgin, 2000 (WORLD MUSIC)
TOTEM. Narf, Falcatruada, 2007 (ROCK)
MARFUL. Marful, producciones efimeras, 2006 (WORLD MUSIC)
MANUAL DE SEDUCIÓN. Marful, Inquedanzas sonoras 2010 (WORLD MUSIC)