Novas

 

Translations Trío

O pasado 23 de setembro TRANSLATIONS TRÍO grabou un concerto no Museo do Monte Gaiás (Cidade da Cultura) para o programa da Televisión de Galicia GALICIA EMERXE. Aproveitamos este concerto para tocar parte do noso repertorio habitual e tamén para presentar música nova.

Este concerto será emitido en duas ocasións:

  • pola TVG2 o dia 23/06/21
  • pola TVG o día 26/06/21

Animámosvos a tod@s a escoitar e ver este concerto no que tanto empeño puxemos!

SAÚDE!