Guitarra Galega

GUITARRA GALEGA é un proxecto individual que nace da ollada do guitarrista Marcos Teira á música popular galega.
Músicas do repertorio de Faíscas do Xiabre, Os gaiteiros de Soutelo de Montes, José Casal ou o propio Avelino Cachafeiro xunto con repertorio orixinal composto para este concerto de guitarra solista.
Unha viaxe de ida e volta, onde a pandeirada se encontra co fandango, a rumba galega co tanguillo e a jota coa bulería.
Un concerto de guitarra para render homenaxe a unha parte importante do legado cultural ibérico.
Repertorio:
- Fandango galego (José Casal)
- As alegrías do mundo (Marcos Teira)
- Jota de Forcarei (popular)
- Tantiño (Marcos Teira)
- Pandeirada de Nebra (popular)
- Foliada das rias baixas (Avelino Cachafeiro)
- Farruco (Marcos Teira)
- Muiñeira de Cabana (Manuel Figueroa Moreira)
- Jota da morena (popular)
- Rumba dos cinco mariñeiros (popular)